Museo Provincial de Lugo

4.4
(225 reviews)
Praza Soidade s/n, 27001 Lugo Spain
Official website
Museums
Speciality Museums
Attraction

About

ES NECESARIO REALIZAR RESERVA PREVIA VÍA TELEFÓNICA. AFORO LIMITADO. Co fin de reunir e protexer os bens do patrimonio cultural lucense, en 1932, a Deputación de Lugo acorda crear o Museo Provincial de Lugo, vontade que se materializa dous anos máis tarde coa apertura no Pazo de San Marcos (baixo a dirección de D. Luis López Martí) de varias salas con materiais arqueolóxicos, históricos, artísticos, etc. ata daquela dispersos en coleccións particulares. O continuo incremento de fondos e as limitacións de espazo obrigaron, en 1957, a trasladar o museo ao antigo convento de San Francisco. Conservando tres dependencias deste vello cenobio (cociña, claustro e refectorio), o arquitecto vigués D. Manuel Gómez Román (1875-1964) deseña un novo edificio con aires de pazo galego. O 1 de marzo de 1962 o Museo Provincial de Lugo foi declarado Ben de Interese Cultural. En 1997 o museo foi ampliado, segundo un proxecto do arquitecto González Trigo.

At a glance

  • Typical visit: about 1 hour 30 minutes
Museo Provincial de Lugo | Lugo | Spain | TripAligner